E.E.I. Municipal Arela

CHARLA SOBRE DISCIPLINA POSITIVA March 10, 2017

O xoves 16 de marzo de 16:30 a 18:00 a ANPA de Arela ofrece unha charla sobre disciplina positiva que será de balde. Hai posibilidade de asistir cos nenos, que quedarán a cargo dun monitor durante a charla. Este servizo será gratuíto para os socios da ANPA e terá un custe de 5 euros para as persoas que non son socias. Se tedes pensado acudir cos nenos deberedes anotarvos na folla de inscripción que hai fronte á oficina.