E.E.I. Municipal Arela

FOTOS DE PRESENTACIÓN DA TEMÁTICA DO CURSO 2017/18 November 7, 2017

Hoxe pola mañá no patio da escola había unha tenda de campaña, así que saímos a averiguar por que estaba alí. Que sorpresa levamos cando saíu dela Patricia, unha viaxeira que fixo unha parada na nosa escola! 
Contounos un montón de cousas sobre os países que visitou nas súas viaxes: Kenia, Jamaica, Perú, A India, México, Exipto, A China e Italia. Tamén nos amosou postais e obxectos típicos deses países: roupa, comida, instrumentos musicais, máscaras,....
Decidimos que durante este curso tamén nos imos converter en viaxeiros e descubrir moitas máis cousas  sobre estes países.
Na sección GALERÍAS tedes fotos onde podedes ver todo o que vos acabamos de contar.