E.E.I. Municipal Arela

Tarifas

Escolaridade

A escolaridade abónase en 11 mensualidades e abrangue o horario de 10:00 a 16:00 (de setembro a xuño) e de 9:00 a 15:00 (durante o mes de xullo). Existen tres tipos de tarifas en función dos ingresos da unidade familiar:

  • TARIFA XERAL: 116 euros/mes 
  • TARIFA B: 79 euros/mes 
  • TARIFA A: 49 euros/mes

Hora complementaria

As horas complementarias comprenden o horario de 8:00 a 9:00 e de 9:00 a 10:00. O prezo por hora é de 14 euros/mes. Existe a posibilidade de utilizar as horas complementarias de maneira puntual, sendo o custe  de 5 euros por hora.

Comedor

A tarifa de comedor comezará a cobrarse a partir dos 12 meses para os nenos e nenas que utilicen este servizo. O prezo do comedor é de 70 euros/mes. Existe a opción de utilizar o comedor en momentos puntuais, sendo o custe de 6 euros por día.

Segunda toma de biberón ou papilla

Esta tarifa aplicarase cando os nenos escolarizados nas aulas de 0 a 1 anos necesiten facer máis dunha toma de biberón ou papilla ao día. O prezo é de 12 euros/mes.