E.E.I. Municipal Arela

LISTAS DEFINITIVAS E LISTAS DE AGARDA CURSO 2018/19 May 31, 2018

Xa podedes consultar as LISTAS DEFINITIVAS de alumnado admitido e a lista de agarda das solicitudes realizadas para o próximo curso 2018/19. Lembrade que o prazo para realizar a matrícula é do 1 ao 14 de xuño
Na escola facilitarémosvos o impreso de matrícula, xunto ao cal deberedes entregar:
  • 8 fotos de tamaño carné do neno/a
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a
  • Certificado médico do neno/a (non ten por que ser en papel timbrado)
  • Acreditación do código IBAN e do BIC da conta bancaria
  • Fotocopia do xustificante do ingreso bancario da primeira cuota
O horario de oficina para formalizar a matrícula é:
De luns a xoves de 10:30 a 13:30 e de 15:00 a 16:00
Os venres de 10:30 a 13:30