E.E.I. Municipal Arela

OBRADOIRO FITAS DE VENTO June 8, 2018

O xoves 14 de xuño ás 16:00 horas realizarase no patio da escola un obradoiro para elaborar broches, carteiras, coleteiros, etc. para colaborar no proxecto que estamos a desenvolver coa escoliña de Tete (Mozambique). 
Tedes máis información na seuinte CIRCULAR que tamén está colocada nos recantos de nais e pais de cada aula.
Se queredes coñecer máis aspectos do proxecto podedes visitar o seu BLOG.