E.E.I. MUNICIPAL ARELA

Quen Somos

  • A EIM Arela forma parte da Rede de Escolas Infantiles Municipais (REIM) do Concello da Coruña, titular de todas elas. As escolas que formamos a REIM somos: EIM Arela, EIM A Caracola, EIM Os Cativos, EIM Carricanta, EIM Monte Alto, EIM Luís Seoane e EIM Los Rosales.
  • O funcionamento da escola está rexido polo "Reglamento de organización y funcionamiento de la Red de escuelas infantiles municipales del Ayuntamiento de A Coruña" e polo Pliego de prescripcións administrativas e técnicas da adxudicación do contrato en servizo.
  • Existe un procedemento común a tódalas escolas infantiles municipais para a adxudicación das prazas.
  • Tódalas tarifas son autorizadas polo Concello e comúns ás escolas integrantes da REIM. O Concello asume a metade do custo da escolaridade de cada posto escolar, podendo incrementar esta proporción no caso de familias con ingresos reducidos.
  • A escola está xestionada pola empresa Carinbersana S.L., en réxime de concesión administrativa para a prestación do servizo público de xestión da mesma.

 

Quen Somos

Na EIM Arela pretendemos desenvolver:

  • Unha educación que emane do coñecemento da infancia en xeral, e de cada neno/a en particular, convencidos de que a infancia constitúese como unha etapa da vida con características propias e plena de significado.

  • Unha educación integral que propicie en nenos e nenas experiencias que estimulen o seu desenvolvemento completo, onde se potencian as actividades, os valores e as normas da convivencia en democracia.

  • Unha educación dirixida á conquista da propia autonomía, e que potencie o desenvolvemento dunha actitude crítica, activa e participativa.

  • Unha educación que respecte os ritmos particulares de crecemento, de maduración cognitiva e de aprendizaxe de cada neno/a; permitindo así a integración de nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

  • Unha educación que implique activamente á familia e a tódolos membros da comunidade educativa no proxecto formativo dos alumnos e alumnas da nosa escola.