E.E.I. Municipal Arela

Horarios

Arela permanece aberta de luns a venres en horario de 8:00 a 16:00. A distribución horaria da escola é a seguinte:

  • MADRUGADORES (de 8:00 a 10:00). Horario opcional no que o alumnado vai entrando de maneira paulatina na escola segundo as necesidades das familias.
  • XORNADA OBRIGATORIA (de 10:00 a 13:00). Neste horario desenvólvese a programación educativa e alumnado está na súa aula co seu titor ou titora e o seu grupo.
  • XANTAR (de 13:00 a 14:00). O servizo de comedor é opcional e nel os nenos e nenas consumen menús equilibrados elaborados na cociña da escola.
  • SESTA (de 14:00 a 16:00). Horario opcional no que os nenos que o precisen descansan no dormitorio.
Durante o MES DE XULLO a escola está aberta en horario de 8:00 a 15:00 e o mes de AGOSTO Arela pecha por vacacións.

PERÍODO DE ADAPTACIÓN. Os horarios de apertura da escola nas tres primeiras semanas de setembro son os seguintes:

  • Primeira semana de setembro: unha hora.
  • Segunda semana de setembro: de 10:00 a 13:00.
  • A partir da terceira semana de setembro: de 8:00 a 16:00.