- MADRUGADORES (de 7:00* a 9:30). Horario opcional no que o alumnado vai entrando de maneira paulatina na escola segundo as necesidades das familias.
- XORNADA OBRIGATORIA (de 9:30 a 12:30). Neste horario desenvólvese a programación educativa e alumnado está na súa aula co seu titor ou titora e o seu grupo.
- XANTAR (de 12:30 a 14:00). O servizo de comedor é opcional e nel os nenos e nenas consumen menús equilibrados elaborados na cociña da escola.
- SESTA (de 14:00 a 16:00). Horario opcional no que os nenos que o precisen descansan no dormitorio.
- MERENDA (de 16:00 a 17:00). Para aqueles que contraten este horario teñen que contratar o servizo de merendas. *Horario pendente de telo dispoñoible en función do número de usuarios que o soliciten.
Durante os períodos vacacionais de Nadal, Semana Santa e no MES DE XULLO a escola está aberta en horario de 8:00 a 16:00 e o mes de AGOSTO Arela pecha por vacacións.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN. Os horarios de apertura da escola nas tres primeiras semanas de setembro son os seguintes:
- Primeira semana de setembro: unha hora.
- Segunda semana de setembro: de 9:30 a 12:30.
- A partir da terceira semana de setembro: horario normalizado.