E.E.I. Municipal Arela

Servizos complementarios

Comedor

O comedor é un servizo complementario opcional que pode ser utilizado a partir dos 6 meses. Antes dos 6 meses de idade as familias traerán as papillas dos nenos da casa. Aquelas nenas e nenos que presenten alerxias ou intolerancias alimentarias poderán utilizar o servizo de comedor pero terán que traer a comida da casa. Os MENÚS están elaborados na cociña da escola e revisados por unha nutricionista.

Horas Complementarias

Comprenden o horario de 7:00* a 9:00 e de 15:00 a 17:00* e están pensadas para aquelas familias que necesiten deixar aos seus fillos antes de que comece a xornada obrigatoria.